Melide aproba un novo aumento das horas do SAF

servicios públicos
ARCA
Un momento do concurso de Entroido de Melide

Melide. O Concello de Melide vén de aprobar un aumento de horas no Servizo de Axuda no Fogar (SAF) polo cal se verán beneficiadas persoas maiores con déficit de autonomía ou persoas con discapacidade que precisen de atención nas actividades básicas da vida cotiá, informan os responsables municipais.

Con este incremento, acádase unha cifra récord nas horas adicadas a este servizo, cun total de 47.748 horas anuais que permiten minorar considerablemente a lista de agarda que presenta na actualidade.

A concelleira de Política Social e Igualdade, Carmen Liñeira, destaca que “o Servizo de Axuda no Fogar é moi demandado polos nosos veciños/as ao tratarse dun concello cuxa media de idade é moi elevada, polo que supón unha gran satisfacción poder chegar a cada paso a máis fogares para mellorar a calidade de vida das persoas”.

FIN DO ENTROIDO Por outra banda, Melide puxo fin ó Entroido co seu tradicional concurso de disfraces que gozou dunha ampla participación a pesar das limitacións temporais que tiveron Os Gaitistas de Hamelín e o Imserso que, dentro da categoría de comparsas, foron os galardoados. arca