Melide busca adquirir un soar e mellorar a piscina

Pleno
Claudina Estévez
Un momento do pleno extraordinario de Melide. Foto: C.M.

MELIDE. O Concello de Melide celebrou un pleno extraordinario no que se aprobaron as necesarias modificacións orzamentarias para afrontar dous investimentos estruturais na vila. O primeiro será a posible adquisición dun amplo terreo no núcleo urbano de Melide apto para estacionamento, celebración de grandes eventos ao aire libre, ou outros usos. O segundo, a reforma e modernización da piscina municipal, actualmente fóra de servizo polas deficiencias detectadas, “para facer dela un centro deportivo á altura das necesidades veciñais”, indica o Concello. No tocante á compra do terreo, que hai uns días criticaban dende o PP, o goberno local “ intentará acometer esta operación de compra financiándoa con recursos propios municipais, facendo uso do remanente de tesouraría para gastos xerais”. Cubriríase o importe total de compra, dun valor de 932.005,96 €. “Trátase dun gasto que non pode demorarse ata o exercicio seguinte”. C.E.