Melide conciencia á veciñanza sobre o aforro da auga

Auga
Claudina Estévez
Cartel informativo da campaña. Foto: C. Melide

MELIDE. O Concello de Melide e Espina & Delfín, empresa concesionaria do servizo de auga, fomentan o consumo responsable da mesma coa campaña Está na túa man, pecha a billa cando toca. O obxectivo desta iniciativa non é outron que concienciar aos veciños da importancia de realizar un uso axeitado dos recursos e anticiparse ás situacións de seca da época estival. A mensaxe difundirase a través de carteis informativos que se colocarán nos edificios municipais, nas instalacións do servizo municipal de auga e nas redes socias de ambas entidades. Insisten en actos cotiáns sinxelos como ducharse en vez de bañarse ou pechar a billa mentres se cepillan os dentes. C.E.