Melide conta con dous buzóns reais

Reis Magos
Claudina Estévez
Un dos buzóns reais instalados polo Concello. Foto: C. Melide

MELIDE. O Concello de Melide ten instalados dous buzóns reais para que os nenos e nenas do municipio poidan depositar as súas cartas dirixidas a Melchor, Gaspar e Baltasar. Un deles está ubicado na entrada da casa consistorial e o outro no Cantón de San Roque. Este xoves os Reis chegan á vila. C. E.