Melide énchese de cine e concertos ata setembro

Verán
Claudina Estévez
Cartel da película ‘Jojo Rabbit’. Foto: F.M.

MELIDE. O Concello de Melide ten en marcha a programación do Verán Cultural, unha serie de propostas que son de balde e con entrada libre (a excepción da do día 22). Mañá venres toca sesión de cine con Jojo Rabbit, ás 22.00 no parque Rosalía de Castro. O domingo 18 está previsto un espectáculo de maxia no cantón de San Roque. O 22 terá lugar unha actividade familiar consistente nun teatro de sombras, para a que hai que reservar previamente en reservasculturais@concellodemelide.gal ou no 981 505003. O venres 23 toca de nova sesión de cine, o 29 xornada de acrobacias, e o venres 30, máis cine. Agosto arranca cun espectáculo de circo e clown e cun concerto pola noite de Abraham Cupeiro. O día 6 emitirase O Apóstolo, e o 8 toca comedia musical e xestual. Xa o 13 está prevista a actuación de Xabier Díaz, o 14 de A Banda da Loba e 15 Charanga Mekánika. A múisicca continuará o 15 e tamén en setembro, os días tres e catro. C.E.