Melide está de cheo na loita antiviolencia de xénero

Violencia de xénero
Claudina Estévez
María Rivas, centro, co alcalde de Melide. Foto: C. Melide

Melide. María Rivas, subdelegada do Goberno en A Coruña, visitou este martes o Concello de Melide para abordar as transferencias do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e estreitar a colaboración nesta materia.

Durante a reunión estiveron presentes a subdelegada do Goberno, María Rivas; o alcalde de Melide, José Manuel Pérez; a concelleira de Política Social, Igualdade e Saúde, Carmen Liñeira; a concelleira de Educación, Chus Iglesias; así como responsables do Centro de Información da Muller (CIM), Policía Local, e a xefa da Unidade contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno, Maribel Álvarez.

A subdelegada agradeceu ao alcalde e a Carmen Liñeira, o alto nivel de colaboración, destacando a Melide como referencia na loita contra a violencia machista por facer uso de todos os instrumentos que o Estado pon á disposición dos concellos para traballar conxuntamente na loita contra a violencia machista.

Despois da reunión visitaron a unidade especializada en violencia de xénero (unidade Vioxén) no cuartel da Garda Civil de Melide e o Centro Social Municipal, no que a subdelegada coñeceu de primeira man os traballos realizados nesta materia. c.e.