Melide fai reformas nos catro parques infantís por máis de 15.000 €

Seguridad
El Correo Gallego
O obxectivo é garantir a seguridade dos cativos

MELIDE. Co obxectivo de garantir a seguridade dos cativos e cativas, o Concello de Melide vai realizar distintas actuacións en catro parques infantís da vila: o situado na urbanización Taboada Roca, o da urbanización As Granxas, o parque Rosalía de Castro, e o instalado no interior do Pazo de Congresos e Exposicións. O goberno local explica que é preciso reparalos debido ao deterioro provocado polo paso do tempo e “para poder seguir garantindo a seguridade aos máis pequenos e ás súas familias”. As deficiencias que había foron detectadas a través dos distintos controis periódicos e inspeccións rutinarias que o goberno local realiza para comprobar o estado dos mesmos. Desde a administración local destinarán un total de 15.838 euros para acometer estas actuacións de mellora que “redundarán no benestar da veciñanza”, lembran. A.P.