Melide instalou caldeiras de biomasa nos centros sociais

Centro social
Claudina Estévez
Unha das caldeiras de biomasa instaladas. Foto: C. Melide

Melide. O Concello de Melide vén de rematar a instalación de caldeiras de biomasa nos centros sociais parroquiais do municipio co obxectivo de “favorecer a realización de actividades no seu interior durante o outono e inverno”, segundo apuntan fontes municipais.

Santaia de Agrón, Baltar, Campos, Folladela, Furelos, A Garea, Golán, Maceda, Moldes, Orois, Piñor, San Martiño das Varelas, Xubial, San Salvador e o Meire son os centros sociais que contan con este novo servizo. As actuacións subvencionadas polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega), e confinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemente Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, supoñen un investimento total de 47.900,02 euros. C.E.