Melide mostra en Fitur as súas rutas xacobeas e a gastronomía

Fitur 2023
Claudina Estévez
Peregrinos en Melide. Foto: C. Melide

Melide. O Concello de Melide estará presente na Feira Internacional de Turismo FITUR en Madrid para promover e difundir o atractivo dalgúns dos seus máis destacados recursos turísticos. Eventos como a Festa do Melindre ou expoñentes patrimoniais, históricos e paisaxísticos como o Camiño de Santiago ao paso pola localidade, centrarán a proposta turística que o goberno local melidense defenderá neste destacado espazo que reúne institucións e empresas turísticas de todo o mundo.

A Festa do Melindre acadou o pasado 2022 a súa trixésima edición cun éxito total de público e de vendas e un completo programa de actividades que puxeron este produto e este evento no mapa da mellor gastronomía galega. Dende o Concello confían en que “a presenza en FITUR axude a internacionalizar e difundir tanto o produto como a festa local que se celebra durante a primavera”. O turismo gastronómico é unha tendencia en auxe e unha oportunidade de diferenciación para destinos como o melidao. Tamén, o goberno local busca seguir potenciando a importancia das dúas rutas que discorren por Melide: Camiño Primitivo e Camiño Francés. Salientan as boas cifras do pasado 2022. C.E.