Melide ofrece talleres online a coidadores de xente maior

Salud
El Correo Gallego
As clases impartiranse dende o 22 deste mes ata o 19 de novembro

Melide. O Concello de Melide porá en marcha a partir do vindeiro día 22 de outubro unha serie de talleres online dirixidos a coidadores de persoas dependentes. As clases impartiranse todos os xoves de 10.30 a 12.30 horas ata o vindeiro 19 de novembro, e serán de balde.

Segundo explican dende o goberno local os aspectos que se traballarán serán a saúde e o autocoidado, a xestión emocional, a escoita activa e as habilidades comunicativas. Os interesados deben chamar ao teléfono 981 294097.

Por certo que ata o 23 de novembro están abertas as inscricións para as escolas deportivas e culturais. As actividades darán comezo o día 2 do vindeiro mes e para anotarse é preferible usar a sede electrónica. En caso de facelo de forma presencial, hai que inscribirse no rexistro. As clases culturais serán de robótica, pintura, costura e fotografía. As deportivas son zumba, pilates, hipopresivos, tonificación ou bádminton, entre outras. A. P.