Melide recibirá a segunda fase do saneamento de
O Rañado, avanza o PP

Saneamiento
ARCA
Dalia García, tereira pola dereita, falando coa conselleira

MELIDE. Os populares de Melide avanzaron que a Consellería de Infraestruturas da Xunta informou de que “nas próximas semanas remitirá ao Concello a segunda fase do saneamento de O Rañado”. Unha obra, apunta Dalia García, a portavoz do PP “que supón a culminación da fase I iniciada a súa xestión xa no ano 2016, e que agradece, que dende a Xunta apoiasen de novo o compromiso solicitado coa II fase”. Un compromiso, apuntan os populares, que non só se limita á asinar o convenio senón que supón redactar o proxecto e cofinancialo con máis de 130.000 €. “Tal e como manifestara a titular do departamento autonómico en Melide en visita oficial, esta fase estaba comprometida e fárase realidade nos próximos meses”. Agardan dende a formación conservadora que “o bipartito AM-PSOE non dilate a sinatura do convenio”, indica. arca