Melide solicita un pediatra ó Sergas

pediatría
Claudina Estévez
Imaxe do novo centro de saúde de Melide. Foto: C. Melide

MELIDE. O Concello de Melide vén de remitirlle un escrito á Consellería de Sanidade no que solicita cobertura pediátrica durante a ausencia do especialista titular.

Durante o período vacacional do profesional, os veciños e veciñas non teñen cobertura dun servizo indispensable como este, polo que se ven na obriga de desprazarse a concellos como os de Arzúa ou O Pino. A problemática existente, “que se vén manifestando de forma reiterada nos últimos anos, é incomprensible tanto polo feito de terse que desprazar como polo tempo que deben agardar os pacientes para ser atendidos”, explican fontes municipais. Dende o Concello piden que se solucione esta carencia de forma urxente. C. E.