Melloras no local social da asociación veciñal de Morlán, na vila de Trazo

Obras
Claudina Estévez
Pola dereita, Fina Suárez e Gonzalo Trenor, durante a visita ao local social. Foto: Xunta

TRAZO. O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou este luns o local social da asociación de veciños de Morlán en Trazo para comprobar as melloras realizadas co apoio da Xunta, nas que se investiron máis de 17.000 euros. A través desta iniciativa construíronse un almacén e unha beirarrúa perimetral a todo o edificio, elimináronse as barreiras arquitectónicas mediante a creación dunha rampa de acceso para persoas con mobilidade reducida e instaláronse un termo eléctrico e unha estufa de pellets. O obxectivo foi conseguir un lugar onde os residentes poidan realizar e ter acceso a todo tipo de actividades sociais, culturais e de lecer, así como manter un lugar de encontro para as reunións das asociacións locais. A orde de acción comunitaria incrementou este ano o seu orzamento nun 20 % respecto a 2021. C. E.