Mis Mejores Labores é o gañador do concurso de escaparates de Melide

Concurso
Claudina Estévez
Imaxe do escaparate de Mis Mejores Labores, o negocio melidense gañador. Foto: C. Melide

MELIDE. O xurado do Concurso de Escaparates de Melide, reunido este luns na casa do concello en deliberación, acordou conceder o primeiro premio do certame, por valor de 1.000 €, ao comercio Mis Mejores Labores. Do mesmo modo, Carnicería Cardelle e a tenda de xoguetes Toysmaniatic foron galardoadas co 2º e 3º premio (500 e 250 €) respectivamente. Esta nova edición do concurso contou con dezanove establecementos participantes. O Concello de Melide convidou, un ano máis, ao comercio local a participar da decoración de Nadal engalanando os seus escaparates con motivos alusivos a estas datas. O xurado

tivo en conta a orixinalidade e beleza das composicións dispostas nos establecementos gañadores. O edil de Promoción Económica, Xosé Igrexas, salientou a participación e o bo nivel acadado na cita deste ano. C.E.