Monicreques e música no Serán cativo de Arzúa

Espectáculos
Claudina Estévez
Un momento do Serán cativo de Arzúa do 2020. Foto: C. Arzúa

Arzúa. O vindeiro martes 31 o Concello de Arzúa organiza o segundo Serán cativo, evento que pechará a programación cultural do mes de agosto. Pola mañá, ás 12.00, terá lugar no Multiusos Terra do Queixo unha función de monicreques a cargo da compañía Títeres Cachirulo e o espectáculo Don Gaiferos e o dragón. Esta función está incluída dentro do programa O Teu Xacobeo.

Pola tarde, haberá un obradoiro de xogos tradicionais a partir das 18.00 e ás 19.30 horas representarase o espectáculo A formiga no carreiro da compañía Rilo &Penadique. As propostas serán na Praza de Galiza ou no Multiusos Terra do Queixo se fai mal tempo. Son de acceso libre ata completar aforo. c.e.