Movemento Veciñal de Touro propón un estudo para oficializar o Camiño

Caminos de Santiago
S. E.
Na imaxe, a variante histórica do Camiño Francés

Touror. O Movemento Veciñal de Touro vén de propoñer a realización dun estudo interdisciplinar co obxectivo de oficiliar o paso do Camiño de Santiago polo concello. Explican que a importancia desta variante do Camiño Francés foi defendida por Icomos, organismo internacional que no 2018 elaborou un informe sobre a situación do Camiño no marco da súa denominación como Patrimonio da Humanidade.

Dende que o informe vira a luz, o Movemento Veciñal traballou para dar cumprimento ás demandas trasladadas por Icomos, e tras varios rexeitamentos do goberno municipal, no pasado pleno do 18 de marzo, o grupo veciñal conseguíu o apoio dos demais membros da Corporación para que o Concello de Touro encargue a elaboración dun estudo interdisciplinar que permita clarificar o itinerario exacto do Tramo Histórico do Camiño ó seu paso de Arzúa a Arca por Beseño e Quión. s. e.