Novembro chega cargado de propostas culturais para todos os tourenses

Cultura
El Correo Gallego
Dani Polo estará o día 13

TOURO. Este mes e o vindeiro a vila de Touro acollerá varios espectáculos dirixidos a un público familiar da man do programa Touro a escena. O vindeiro día 13 Dani Polo sorprenderá á veciñanza con Enmaxiarte, un dos espectáculos revelación no mundo da maxia, e Félix Rodríguez con Fran Rei presentarán Saaabor o 27. Trátase dunha obra que mestura música, maxia, humor e ritmo co mundo da gastronomía. En decembro está previsto un concerto de Nadal moi especial: Os Apalpadoriños con Álvaro Cardalda, lago Prieto, Nelson Quinteiro e Yohel Santos, entre outros. Rematará o Outono a escena cun espectáculo baseado no libro-cd A voar, un conto para soñar con música e para brincar de Cê Orquestra Pantasma. Todas as propostas celebraranse na casa da cultura e hai que anotarse previamente no teléfono 981 814566. A.P.