Novo vehículo para os concellos de Frades e Ordes

Vehículos
ARCA
Novo vehículo entregado pola director xeral no Concello de Ordes

ORDES. A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou o Concello de Ordes, onde fixo entrega dun vehículo para o servizo de protección do ambiente e do espazo natural que este municipio comparte con Frades. A Xunta destinou 35.400 euros á adquisición deste todocamiño híbrido enchufable ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental e tamén aos gastos do seu funcionamento. O novo vehículo conta con 5 prazas, tracción 4x4, gancho para remolque e con distintivo ambiental ECO, polo que se fomenta o respecto ao medio ambiente coa redución da emisión de gases contaminantes e pretende garantir unha prestación máis eficiente. arca