O BNG pide a reposición da sinalización horizontal na estrada de Vilasenín

Seguridad vial
ARCA
Pablo Vidal, portavoz del BNG de Ordes

ORDES. O BNG de Ordes recolleu mais dunha vintena de sinaturas demandando a reposición da sinalización horizontal na AC-409 ao seu paso por Vilasenín, na parroquia de Leira. Din que esta modificación “limita en exceso o acceso ás vivendas e aos predios da zona, o que provoca longos traxectos para poder cambiar o sentido da marcha dos vehículos e da maquinaria agrícola”. Pablo Vidal, portavoz do BNG, expón que “ante as queixas, decidimos recoller sinaturas demandando recuperar a sinalización preexistente, pero tomando as medidas necesarias para compatibilizar os xiros coa seguridade viaria”. Para os nacionalistas “carece de sentido que o tramo de Virís, unha recta con maior visibilidade, conte cunha limitación de velocidade de 70 km/h, mentres que polos núcleos de Vilasenín e a Bailía, pódese circular a unha velocidade de 90 km/h”. arca