O Concello de Melide di que o obradoiro é legal

Obradoiro de emprego
Claudina Estévez
O obradoiro terá lugar en catro concellos. Foto: C.M.

MELIDE. O PP de Melide emitiu un comunicado no que explica que van estudar o proceso de selección do obradoiro dual que a vila comparte con outros concellos ante “as queixas recibidas por varios veciños e veciñas” que tendo atendido ás bases non aparecen na lista de admitidos. O Concello indica que o proceso de selección de persoal para o Obradoiro de emprego Melide-Arzúa-Toques-Santiso Natureza no Camiño de Santiago estivo regulado conforme ao disposto na normativa da Xunta e do Servizo Público de Emprego Estatal. C.e.