O folclore volveu a Ordes da man de A Convidada

folclore
ECG
Unha das actuacións de A Convidada celebradas na fin de semana en Ordes. Foto: CDO

Ordes. A segunda edición de A Convidada, unha actividade organizada pola Asociación Cultural Embruxo Gaiteiros que percorreu boa parte de Ordes, xirou na pasada fin de semana arredor da música e do baile tradicional galegos, contando cun bo número de participantes.

Deste xeito, integraron o programa un curso de iniciación ao baile tradicional, así como monográficos de danza e de pandeireta, concertos e cantos de taberna polos bares da zona, unha iniciativa que contou coa participación de centenares de veciños. Ademais, tamén se desfrutou dun xantar popular e sorteos de instrumentos tradicionais realizados por lutieres da zona.

Esta edición tamén serviu para renderlles unha pequena homenaxe a todas as persoas da parroquia de Leira, quenes a través das diferentes agrupacións da zona, transmitiron e mantiveron vivas músicas e bailes tradicionais. Esta comarca distínguese polo seu apego ao folclore galego. CG