O foro virtual analizou a potencialidade do territorio Ulla e Tambre

Taboada, en calidade de presidente, abriu
a xornada e destacou
o traballo do GDR
Foros
ARCA
Un momentos das intervencións do forto virtual

O Pino. O territorio do Ulla e Tambre foi o protagonista no II Foro Virtual organizado polo GDR Ulla Tambre Mandeo a través do Programa de axudas europeo Leader, coordinado por Agader, a través da axuda da Deputación da Coruña. O presidente do GDR Manuel Taboada foi o encargado de inaugurar este encontro, moderado pola xornalista Silvia Castiñeiras, destacando o traballo que se leva a cabo desde o Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo e as accións realizadas polo mesmo desde a súa creación, que son de vital importancia para a posta en valor da zona.

Tamara Isabel Franco, investigadora predoutoral no Programa de Doutoramento en Investigación Agraria e Forestal na USC, fixo un percorrido polo Tambre e o Ulla que comezou na Lagoa de Sobrado, facendo fincapé nas aves do lugar, na vexetación e no tipo de insectos que nos podemos atopar. Así continuou o paseo polo Tambre e o Ulla, catalogando as especies e a riqueza natural. Desta experiencia quédase coa importancia do factor humano na conservación e coa adicación das xentes do lugar, que foron as que lle falaron de moitas das curiosidades. Concluía coas palabras de María Fernández, xerente do GDR, poñendo en valor a oferta turística de calidade da zona.

Tralo foro, tiveron lugar as mesas de contratación onde hostaleiros e entidades que desenvolven unha labor relacionada co sector turístico tiveron a oportunidade de crear sinerxias con cinco axencias de viaxes. arca