O novo centro de saúde de Melide abre as portas o vindeiro luns

Centro de saúde
Claudina Estévez
Un momento do traslado do equipamento ao centro de saúde. Foto: Sergas

Melide. O vindeiro luns, día 28, abre as súas portas o novo centro de saúde de Melide. Onte xa comezaba o traslado do equipamento que faltaba para poder funcionar definitivamente. Esta nova infraestrutura, na que a Xunta de Galicia investiu preto de tres millóns de euros, conta con case 2.000 metros cadrados (un 60 % máis de superficie) para atender a máis de 7.000 veciños, 800 en idade pediátrica. Asemade o Punto de Atención Continuada (PAC) dará cobertura a un total de 9.400 cidadáns, xa que, ademais do municipio de Melide, tamén comprende aos de Toques e Santiso.

As instalacións contarán con cinco consultas de medicina da familia, cinco de enfermería, unha de pediatría e outra de enfermería pediátrica, sala de toma de mostras, consultas de farmacia, de matrona, de traballo social e de odontólogo e hixienista, unha sala de educación sanitaria e área de fisioterapia. c.e.