O parque empresarial de Touro xa está sinalizado

Sinalización
Claudina Estévez
Imaxe da nova sinalización do parque empresarial de Touro e un ceda o paso. Foto: CT

TOURO. O parque empresarial de Touro, ubicado nas proximidades de Fonte Díaz, conta xa cunha nova sinalización. O acceso principal ás instalacións empresariais a través da vía DP-6602 xa ten letreiros indicadores que mostran a dirección para chegar ao novo parque. A estrada que leva ata as parcelas tamén está marcada. A cuadrilla municipal instalou nas últimas semanas a sinalización dunhas infraestructuras que contan cunha superficie total de 52.755 metros cadrados, do que o 55,74 por cento (uns 29.405 metros cadrados) é solo industrial. As zonas verdes son 10.397 metros cadrados, arredor do 20 % do parque. Pola súa banda os aparcamentos ocupan 1.682 metros cadrados; o uso dotacional, 1.347; e a rede viaria, 9.925 (18,81% do total do parque). Xa hai unha empresa que traballa nas súas instalacións e dende o Concello animan aos negocios interesados en asentarse a coñecer a nova infraestrutura, que xa está urbanizada. C.E.