O Pino recupera a súa programación musical con concertos os días 24 e 31

Música
El Correo Gallego
Marina e Ilona actuarán o 24 deste mes

O PINO. O Concello do Pino recupera a súa programación cultural de outono “con dous concertos de alto nivel”, revelan dende o goberno local. O primeiro está programado para o 24 deste mes e estará protagonizado por dúas veciñas da vila, as pianistas Marina Fernández e Ilona Timchenko. Ambos os dous espectáculos comezarán ás 20.00 horas e celebraranse no auditorio do centro sociocultural Luis Seoane, que terá aforo limitado. Unha semana despois, o sábado 31, e tamén ás 20.00 horas, tocaralle a quenda a gaiteira galega máis universal. Susana Seivane volve aos escenarios tras oito anos de silencio discográfico para presentar o seu quinto álbum FA (Fiz e Antón). En ambos casos será preciso reservar entrada chamando ao 981 511 065 ou ben no enderezo cultura@opino.gal. A.P.