O Pino recupera os concertos da man de Susana Seivane e artistas locais

Conciertos
El Correo Gallego
As dúas artistas estarán mañá no auditorio do centro sociocultural Luis Seoane

O PINO. Volven esta fin de semana os concertos ao Pino, e farano da man de dúas artistas locais: as pianistas Marina Fernández e Ilona Timchenko. Ambos os dous concertos están programados para hoxe ás 20.00 horas e celebraranse no auditorio do centro sociocultural Luis Seoane, que terá aforo limitado para respectar as medidas de seguridade. A vindeira semana, o día 31, e tamén ás 20.00 horas, tocaralle a quenda á gaiteira galega máis universal. Susana Seivane volve aos escenarios tras oito anos de silencio discográfico para presentar o seu quinto álbum, FA (Fiz e Antón). Para acudir aos concertos, que son de balde, será necesario reservar entrada chamando ao teléfono 981 511 065 (de 10.00 a 14.00 horas de luns a venres) ou por correo electrónico, escribindo ao enderezo cultura@opino.gal. A.P.