O Pino terá unha nova ruta de bus con Santiago

Transporte urbano
C.P.
Casa consistorial do Pino. Foto: W.C.

o pino. A Dirección Xeral de Mobilidade vén de confirmarlle ao Concello de O Pino a posta en marcha dunha nova ruta que vai comunicar as parroquias de Medín, Gonzar e Budiño con Santiago. Esta ruta é unha vella reivindicación do alcalde do Pino, que agora é atendida pola Xunta. Esta ruta (a XG800), que estará operativa de luns a venres non festivos, sae de Medín ás 07.15 horas, pasará por varios lugares da parroquia de Gonzar e Budiño e diríxese a Sigüeiro (Cruce de Barciela) antes de chegar a Santiago ás 08.30 horas. Mentres duren as obras na rúa do Hórreo (fronte á nova estación intermodal) a parada desta ruta estará situada na rúa da Rosa. Cando rematen as obras a parada trasladarase a rúa do Hórreo, de onde sairá ás 14.00 horas, para chegar a Medín ás 15.36 horas. Estará atendida pola empresa Autos Grabanxa, e súmase ás liñas que Mombús fai pola N-547, e Arriva pola N-634 para comunicar o Concello de O Pino coa capital de Galicia. c.p.