O Pino vaise acoller ao convenio para dispor do centro de día e a residencia

Pleno Concello
S. E.
Un momento do pleno ordinario no Concello de O Pino

O Pino O Concello do Pino conta co apoio da Consellería de Política Social para a construción dun centro de día mixto, que inclúa prazas de residencia, e que suporá un investimento superior ao millón de euros. O proxecto fora analizado en decembro polo alcalde e a conselleira, Fabiola García. No pleno do xoves, en resposta á moción presentada polo grupo socialista, o alcalde explicou que este foi o motivo polo que o Concello renunciou a unha subvención de 160.000 euros concedida polo GDR Ulla Tambre Mandeo no 2021.

A intención é acollerse ao convenio marco firmado pola Consellería e a Fegamp, “como recomendou a conselleira, para construír o centro de día cun investimento de 1,2 millóns”, dixo Taboada. Outro dos motivos polo que se renunciou á subvención é porque “nos obrigaba a ter rematada a obra en outubro deste ano, algo inviable, e nos impedía contar con axudas doutras administracións”. s. e.