O PP de Melide insiste na necesidade dun acordo
ca autovía Lugo-Santiago

Autovias
Claudina Estévez
Mapa coas obras no tramo Palas de Rei-Melide da A-54. Foto: Fomento

Melide. O PP de Melide vai presentar unha moción no próximo pleno ordinario para instar ao goberno local a adoptar unha decisión “sobre a necesidade de presionar ao goberno de España para que remate cun compromiso claro e taxante os tramos Palas de Rei-Melide así como Melide-Arzúa, os únicos que non están en funcionamento da autovía A-54”, sinalan dende o partido. Segundo os populares, o que pretenden con esta moción “é presionar ao goberno de Sánchez para que unha vez por todas garantice nos orzamentos do ano 2023 os cartos necesarios para rematar a obra. “Só así saberemos que é un compromiso serio, as boas palabras lévaas o vento”, apuntan dende a formación popular.

Insisten en que miles de peregrinos se ven obrigados a camiñar con perigosidade “pola falta de compromiso do goberno central”. c.e.