O PP esixe que cumpran a normativa na radio local

Medios de Comunicación
ARCA
Radio Melide durante unha emisión

Melide. O PP esixe ao goberno local que cumpra a lexislación sobre a Radio Melide tal e como lle recomenda a Valedora do Pobo propoñendo a regulamentación dos medios de comunicación local. O PP de Melide elevou á Valedora unha queixa o pasado decembro despois de que bipartito AM-PSOE fixera o que considera “un uso indiscriminado e partidista da emisora pública local, ademais das canles de comunicación social do Concello de Melide.”

Os populares veñen de recibir a contestación da Valedora que inclúe o informe enviado polo Concello de Melide que a xuízo da portavoz do PP, Dalia García, “o bipartito melidense xa non ten límites: transforma a realidade ao seu antollo incluso para contestarlle á Valedora”. arca