Obras de mantemento na fonte de San Xoán
de Furelos, en Melide

Obras
S. E.
Traballos de mantenemento que están a facer na fonte de Melide. Foto: C. M.

MELIDE. O Concello de Melide está a levar a cabo na actualidade diversos traballos de mellora na fonte de San Xoán de Furelos, unha das máis senlleiras da localidade e da que se abastecen veciños e camiñantes. Esta intervención consiste na limpeza da vexetación na contorna e na parte dianteira da fonte e unha serie de obras de mellora que inclúen a reparación de xuntas, arquetas, do cano e da billa de latón. Indicar que o traballo de reparación que están a facer compleméntase coa construción dun muro en mampostería para o que se está a utilizar pedra do país e que mellorará o conxunto. A fonte de San Xoán de Furelos sitúase nunha marxe da pista que comunica a aldea de Furelos coa que leva a Vilanova e á Estrada N-547. Esta pista remata na confluencia do Camiño Francés coa pista que dende Piñor leva ata o lugar de Furelos. s. e.