Oroso amosará o seu patrimonio na ferrolá Feira da Primavera no Camiño Inglés

Camino inglés
M. Outeiro
Manuel Mirás, segundo pola dereita, con Valentín González, terceiro, na Feira da Primavera no Camiño Inglés celebrada en Pontedeume no 2019. Foto: DAC,

O Concello de Oroso terá un destacado papel na nova edición da Feira da Primavera no Camiño Inglés, que se celebra este sábado, 19 de xuño, na Praza de Armas de Ferrol. e será o seu alcalde, Luis Rey, xunto ao concelleiro de Turismo, Antonio Leira, quenes representarán ao concello nesta cita, organizada pola Asociación de Concello do Camiño Inglés, presidida por Manuel Mirás, co apoio da Deputación da Coruña.

Deste xeito, o Concello de Oroso contará cun posto propio onde amosará o seu patrimonio natural, paisaxístico e artesanal, coa presenza de Eva Carreira, de Zoclos, e Tamara, emprendedora tamén no sector do calzado. Farase tamén un especial fincapé no produto local, promocionando os postres caseiros de Casa Xacobe. No showcooking da feira, haberá troitas de Oroso, e pola tarde actuarán as cantareiras de Lembranzas do Tambre.

“Estamos moi satisfeitos, en primeiro lugar polo feito de que podamos celebrar a feia de novo, e en segundo lugar polo protagonismo que terá Oroso”, explica Antonio Leira. Pola súa banda, Rey engade que “somos un dos concellos que pelexamos desde o primeiro momento polo recoñecemento desta ruta e o Camiño é a día de hoxe moi importante para o noso sector servizos”.