Oroso aproba axudas fiscais e Mirás renuncia ó seu soldo

Municipal
C. G.
O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, impulsou as bonificacions fiscais e renunciou ao seu soldo. Foto: CO

OROSO. O pleno de Oroso deu luz verde ás bonificacións fiscais previstas para o ano 2021, “co obxectivo de axudar ás familias, Pemes e autónomos do municipio”, apunta o Concello. Trátase dunha rebaixa no IBI e no recibo do lixo, así como unha bonificación dun 60 % no Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica para os automóbiles eléctricos e híbridos. E, por outra banda, haberá unha bonificación de ata un 75 % no imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana a título lucrativo por causa de morte a favor de descendentes e cónxuxes. Todas estas medidas fiscais aprobadas na sesión plenaria terán un impacto de 177.000 euros, cos que contarán os veciños para os seus gastos. “Son medidas e bonificacións necesarias para axudar ás familias e reactivar a economía local”, asegura Manuel Mirás, alcalde de Oroso, que no pleno de onte renunciou ao seu salario e só cobrará por asistencia a reunións. c. g.