Oroso demanda máis servizos e persoal para o seu centro de saúde

Centro de saúde
Claudina Estévez
Un momento da sesión plenaria de onte. Foto: C. Oroso

Oroso. O pleno do Concello de Oroso aprobou onte por unanimidade unha moción impulsada polo grupo de goberno na que demanda “melloras no aspecto de servizos e dotación de persoal” no centro de saúde. O municipio conta cun centro sanitario “moderno con moi bos profesionais, pero é preciso recuperar a presencialidade na atención primaria, interrompida pola pandemia do coronavirus”, explicou a concelleira Beatriz Rodeiro. “Entendemos a excepcionalidade do ano pasado, pero temos que recuperar a presencialidade para tratar moitas doenzas, xa que unha consulta telefónica ten moitas limitacións”, engadiu Rodeiro. No debate da moción falouse do problema co servizo telefónico do centro, que provoca moitas veces aglomeracións.

Tamén se abordou a necesidade de incorporar un traballador social ao centro sanitario e píndelle á Xunta máis profesionais sanitarios e maior estabilidade laboral para os mesmos. c.e.