Oroso e as forzas vivas locais, pola cardioprotección

Salud cardiovascular
M. Outeiro
Algúns dos asistentes á reunión para converter Oroso nun municipio cardioprotexido. Foto: CDO

Oroso. O Concello de Oroso presentou a súa iniciativa Oroso de Corazón, co obxectivo de converterse nun municipio cardioprotexido e impulsar os hábitos de vida saudables entre os seus veciños. E fíxoo o alcalde diante do tecido social, deportivo, sanitario e educativo do municipio. Alí, avogouse por cursos de reanimación, masaxe cardíaco e manobras ante casos de asfixia para a veciñanza; a formación sobre uso de desfibriladores para clubes deportivos, asociacións e centros educativos, e sesións formativas sobre alimentación, nutrición e consellos para evitar a obesidade infantil. Ademais, haberá máis propostas de vida saudable, e medicións dos niveis de azucre. M. Outeiro