Oroso integra un obradoiro mancomunado de albanelería e carpintería

Formará durante un ano ós mozos menores de 30 anos anotados na comarca ordense
Obradoiro
M. Outeiro
Un operario en traballos de albañilería como os que van ensinar no obradoiro de emprego. Foto: Nacho Gallego

Oroso. O Concello de Oroso vai formar parte dun novo obradoiro de emprego organizado pola Mancomunidade de Ordes para veciños menores de trinta anos. Este taller dará durante un ano formación teórica e práctica sobre dúas especialidades diferentes: albanelería e traballos de carpintería e mobles.

En concreto, a formación en carpintería e mobles impartirase no Concello de Oroso. O reparto de prazas será proporcional en función da poboación dos municipios participantes.

As persoas interesadas en formar parte deste programa deben estar inscritas no sistema de garantía xuvenil e ter solicitados os obradoiros de emprego. Terán un contrato de formación e aprendizaxe de doce meses de duración.

“Este tipo de obradoiros son moi importantes para a xente nova, xa que obteñen unha formación cualificada que incrementa a súa empregabilidade e as posibilidades de inserción laboral”, asegura Beatriz Rodeiro, concelleira de Xuventude de Oroso.

Para máis información, as persoas interesadas poden contactar co servizo de emprego da Mancomunidade de Ordes (981 680679).

Hai que lembrar que as entidades promotoras dos programas poden ser concellos, mancomunidades de concellos ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a un concello de Galicia. A Xunta de Galicia subvencionará os gastos derivados da posta en marcha e desenvolvemento do programa e os custos de contratación das persoas mozas participantes. m. outeiro