Oroso pide solución aos problemas telefónicos no seu centro de saúde

Insisten en que se fai imposible pedir citas,
o que produce colas e grandes aglomeracións
Centro de saúde
Claudina Estévez
Fachada do centro de saúde de Oroso. Foto: redaccionmedica.com

Oroso. O Concello de Oroso esíxelle á Xerencia da Área Sanitaria que solucione os problemas na atención telefónica que se dan no centro de saúde. “Estamos nunha situación en que é practicamente imposible falar por teléfono co centro de saúde para pedir unha cita, tendo en conta ademais que moitos usuarios son persoas maiores que non manexan as aplicacións de Internet”, apunta Beatriz Rodeiro, concelleira de Sanidade.

Tanto a edil como o alcalde, Luis Rey, demándanlle á Xerencia unha solución, posto que, según din, estanse a formar colas e aglomeracións na entrada das instalacións.

O Concello insiste en que os problemas derivan da atención telefónica e que tomará “outras medidas de presión se non hai un cambio de inmediato”. Rodeiro apunta que a Xerencia “coñece o problema porque lle enviamos xa unha carta o día 29 de xuño solicitando unha reunión, pero non toma medidas”.

Lembran que no tráxico suceso do pasado catro de xuño, cando se declarou un incendio no edificio, solicitouse de urxencia persoal sanitario do centro sanitario, pero “o teléfono de novo non funcionaba, polo que tivo que desprazarse ata alí Protección Civil para dar aviso”, indican. C. E.