dos provedores

Concello
Claudina Estévez
Casa do concello de Melide. Foto: R.A.

MELIDE. “O Concello de Melide conseguiu levar a cabo nos últimos anos unha notable redución dos períodos de espera dos provedores municipais para o cobro polos seus servizos”, segundo aseguran dende o goberno local. No trimestre do pasado 2022 o período medio de pagamento global a provedores situouse en Melide en 1,65 días, fronte ao 1,71 do ano 2021. “En 2020 este período fora de 1,62 días, cun importante descenso dende os 8,37 días de 2019”, aseguran fontes municipais. O edil Xosé Igrexas considera que o constante descenso nas cifras de tempo de espera para o pagamento a provedores aumenta “a fiabilidade do Concello de Melide como pagador”, di. C.E.