Os nenos do Lecer Nadal do Pino escribiron xuntos a carta aos Reis Magos

Obradoiros
Claudina Estévez
Os nenos e nenas da localidade do Pino escribíndolle a carta aos Reis Magos. Foto: C. O Pino

O PINO. Os cativos e cativas que participaron no programa de conciliación Lecer Nadal do Pino asistiron a un obradoiro para escribirlle a carta aos Reis. Carta que despois depositaron na caixa do correo especialmente deseñado para o Nadal que se atopa no centro sociocultural Luis Seoane. Foi unha das actividades que o persoal de SIF Servizos programou para que a cativada pasase unha mañá divertida no Lecer Nadal. Este programa posto en marcha polo Concello rematou este xoves día cinco e estivo destinado a nenos e nenas de 3 a 12 anos do municipio. As diferentes actividades desenvolvéronse en horario de mañá (de 08.30 a 14.30 horas) no pavillón municipal e tamén nos exteriores do CPI Camiño de Santiago, e tiveron como obxectivo axudar ás familias da vila a conciliar durante o período das vacacións escolares. C. E.