Os pavillóns só abriranse a peregrinos se non hai prazas

Así o decidiron O Pino e Arzúa para non facer competencia desleal
os seus aloxamentos
hospedaje
María Rendueles
Peregrinos no Camiño de Santiago o seu paso por Santa Irene

O Pino/Arzua. Os alcaldes do Pino e Arzúa, Manuel Taboada e José Luis García respectivamente, tomaron a decisión de non abrir os polideportivos municipais aos peregrinos do Camiño de Santiago ata que estean esgotadas as numerosas prazas de aloxamentos públicos e privados que hai en cada un dos municipios. “Non lle queremos facer competencia desleal aos hostaleiros que ofrecen camas aos camiñantes dos dous concellos”, sinala Taboada. “Non ten sentido que abramos os polideportivos como aloxamento cando hai moitas prazas de aloxamento nos dous pobos”, engade García.

Indicar que a presencia de peregrinos do Camiño de Santiago está recuperando ritmos anteriores á pandemia, e prevese que durante este verán a afluencia de camiñantes volva ser masiva. Nos concellos de Arzúa e O Pino empezaron a recibir chamadas de grupos organizados solicitando durmir nos polideportivos municipais.

Lembrar que pola normativa de Turismo, os concellos non poden cobrar por durmir nos polideportivos. “Se nós facilitamos estes aloxamentos, estariamos facendo competencia desleal ao sector privado”, engade José Luis García, quen recorda que hai anos a Secretaría Xeral de Turismo xa ten sancionado ao seu Concello. maria rendueles