Paula Prado exemplifica en Melide a aposta polo eido rural coa parcelaria

Concentración Parcelaria
C.G.
Paula Prado. Foto: Lavandeira jr.

Melide. A secretaria xeral dos populares de Galicia, Paula Prado, exemplificou a aposta de Galicia polo rural a través da reestruturación parcelaria. Fíxoo durante unha xuntanza informativa celebrada en Melide e na que estivo acompañada pola portavoz do PP neste municipio, Dalia García, onde puxo en valor o compromiso da Xunta, que prevé decretar un total de 23

novas zonas de concentración ao longo deste ano 2022, que se sumarían ás cinco xa decretadas o pasado ano 2021. Como explicou, as 23 novas zonas suporán a reorganización de 19.394 hectáreas de superficie, distribuídas en 99.340 parcelas propiedade de case 14.000 veciños e veciñas.

Seis destes procesos sitúanse na provincia da Coruña e, no caso concreto de Melide, decretaranse nas zonas de Baltar, Grobas e Golán, mentres, na área de Santiago esta medida tamén beneficiará a Boqueixón, Padrón, Santa Comba, Tordoia e Touro. A Xunta destina 12 millóns. c.g.