Presentan a nova fundación que loitará dende Ordes contra a leucemia

Leucemia
ECG
Martínez, primeiro pola esquerda, con García, terceira, Cabeza e membros da Fundación Stop Leucemia. Foto: CDO

Vense de presentar a Fundación Stop Leucemia, de recente constitución e con sede en Ordes. Está impulsada por persoas comprometidas do sector civil de Galicia que aúnan un mesmo sentimento: o inconformismo co noso coñecemento sobre

estas enfermidades e a necesidade de mellorar os seus tratamentos.

Deste xeito, xorde como unha plataforma dedicada a apoiar a loita científica contra a leucemia e demais tipos de neoplasias hematolóxicas. E para iso, contan cun equipo humano formado por persoas de orixes moi diversas co que pretenden trasladar aos diferentes actores sociais a necesidade de avanzar nesta dirección e de axuntar recursos para perseverar con esta loita.

O presidente da Fundación é Álvaro Concheiro que, xunto ao resto de patróns que forman parte dela, agradecen o apoio

recibido desde a casa do concello. No acto estiveron o alcalde José Luis Martínez Sanjujo; Susana García Gómez , edil de Política Social, Igualdade, Educación e Rraballo e máis José Antonio Cabeza Fraga, concelleiro de Obras e Infraestruturas.