Progresa o tratamento das augas residuais de Touro ao investir na EDAR

Saneamento
Claudina Estévez
Pola esquerda, Ignacio Codesido, Gonzalo Trenor e Jesús Martínez. Foto: Xunta de Galicia

TOURO. Boas novas para a depuradora (EDAR) de Touro. Grazas a un investimento de 38.718,91 euros da Xunta e de 7.744 € do Concello (o que suma un total de 46.462 euros) vanse pór en marcha actuacións de mellora no pretratamento desta planta. Ata o lugar desprazouse o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, quen destacou que esta axuda se inclúe dentro da nova orde da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para apoiar aos concellos máis pequenos, cunha poboación igual ou inferior a 5.000 habitantes, na execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, á que destina un investimento global que rolda os 4 millóns de euros en toda Galicia. O rexedor da vila, Ignacio Codesido, recalcou que isto “supón un paso máis na mellora do tratamento das augas residuais da vila”. C.E