Reabre as súas portas o centro social de Melide tras 18 meses pechado

Centro social
ARCA
Exterior do inmoble que acolle o centro social de Melide. Foto: Concello de Melide

MELIDE..O centro social de Melide reabriu as súas portas este luns, logo de 18 meses no que o servizo viuse interrompido como consecuencia da situación sanitaria que tivemos que atravesar. O centro abrirá as súas portas no seu horario habitual, de 15.00 a 21.00 horas de luns a domingo cun estrito cumprimento das normas sanitarias vixentes na actualidade que condicionan, por exemplo, o aforo máximo que non poderá superar en ningún caso o 70 % da capacidade do centro. A apertura do centro supón a recuperación de varias dos servizos, entre eles o de dinamización que se leva a cabo as fins de semana e que foi iniciado en outubro do 2019. Nesta mesma liña, nas próximas semanas reanudarase o ciclo de charlas e as excursións que se viñan levando a cabo. O baile que se celebraba os domingos continuará sen realizarse. arca