Recollen sinaturas para apoiar ao pai de Melide que reclama a custodia

Custodia
S. E.
Pai de Melide na protesta que mantén fronte ao Xulgado de Arzúa . Foto: Sangiao

ARZÚA. A Asociación Galega de Pais e Nais Separados iniciou unha campaña de recollida de sinaturas rexeitando a situación de desamparo que están a vivir as fillas de Juan Carlos Varela Varela, a del como pai, avós e demais familia paterna. En decembro do ano pasado, ditouse no Xulgado de Arzúa sentenza dándolle ás menores e aos proxenitores a custodia compartida, logo de tela solicitado o pai no ano 2017. Ata o día de hoxe e pasados xa 6 meses, “o Xulgado non soubo ou non tivo a determinación necesaria para facer cumprir dita sentenza”, explica Varela. Unicamente se estableceu unha convivencia co pai de 6 horas ao mes, cando anteriormente convivían fins de semanas alternos, tardes intersemanais e vacacións por metades. A Fiscalía e o Imelga teñen solicitado ao xulgado o cumprimento urxente da sentenza sobre custodia. S. E.