Renovados chan e parque infantil da escola orosá de Vilacide grazas á Xunta

Infraestructuras
O.D. Vilar
O alcalde, segundo pola dereita, coa directora xeral, cuarta, e o voceiro do PP, quinto, no parque de Vilacide. Foto: XG

Oroso. A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou o parque infantil da escola de Vilacide, no que a Xunta colaborou cunha axuda de máis de 33.600 euros ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público para a reforma do recinto mediante a mellora e renovación dos xogos.

As actuacións neste espazo de ocio situado na escola de Vilacide permitirán desfrutar ás familias dun espazo de lecer. Así, para modernizar as condicións das instalacións, renovouse a superficie cun flamante chan de caucho continuo con base de cemento e retiráronse os xogos en mal estado por outros novos cos que reforzar a seguridade dos usuarios. No caso do Concello de Oroso, o Goberno galego leva investidos máis de 315.600 euros no marco da Orde de Infraestruturas de uso público e do Fondo Compensación Ambiental. o.d. vilar