Renovarán o pavimento da DP-6601 en O Pino

Obras
ARCA
Manuel Taboada, alcalde de O Pino

O Pino. A Deputación da Coruña inviste 164.160,58 euros nas obras de renovación do pavimento da estrada provincial DP-6601, no tramo que conecta a estrada de Curtis-Lavacolla coa de Arzúa-Santiago, no concello de O Pino.

A actuación, que está a licitación pública no plataforma de contratación do Estado, inclúe a roza de cunetas e noiros, a poda das árbores que supoñan un risco para a seguridade viaria, o asfaltado da vía e a renovación da sinalización horizontal mediante pintura acrílica.

Para manter sempre o tráfico aberto a execución dos traballos levarase a cabo primeiro por unha marxe e posteriormente pola outra, segundo informan desde o organismo provincial O prazo para a presentación de ofertas para participar no proceso de licitación pública remata o próximo 6 de abril.

UCRAínA. Por outra banda, o Concello de O Pino únese a Fegamp na primeira relación de axuda humanitaria ao pobo ucraíno, dentro da coordinación determinada polo Goberno do Estado en colaboración coa Xunta de Galicia.

Os interesados en acoller ás persoas refuxiadas que escapan da guerra poden chamar a Servizos Sociais do Concello: 981 511 002. arca