Reparten case 1.600 títulos na parcelaria Beán-Pereira

Concentración Parcelaria
ECG
O conselleiro José González, pola esquerda, con María Santé, e asistentes á entrega da parcelaria Beán-Pereira II. Foto: XG

Ordes. O conselleiro do Medio Rural, José González, e a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, participaron na entrega de case 1.600 títulos de propiedade da concentración parcelaria de Beán-Pereira II, en Ordes, rematando un proceso no que a Xunta investiu máis de 2,5 millóns de euros. Ao fío, o BNG reitera a necesidade de rematar o resto de procesos, e lembra que quedan cinco.

En concreto, o Bloque cita as de Mercurín-Lesta II; Parada II; San Paio de Buscás II; Santa Cruz de Montaos II e Vilamaior-Barbeiros II. No que atinxe á concentración de Bean-Pereira II, supuxo a reorganización dunha superficie de case 1.340 hectáreas, beneficiando a 827 veciños propietarios que viron como a superficie media das súas parcelas se quintuplicaba. Así, pasouse dunhas 9.000 parcelas iniciais a preto de 1.600 predios finais, o que permitiu mellorar a estrutura territorial das explotacións da zona e, por tanto, diminuír os seus custos de produción.

O conselleiro sinalou que a través destes procesos conséguese paliar o minifundismo presente na comunidade galega, dende o punto de vista da estrutura da propiedade, polo que son unha ferramenta fundamental. CG