Respaldo dun cento de persoas ao pai melidense

Manifestación
Claudina Estévez
Case un cento de persoas ante o Xulgado de Arzúa. Foto:C.G.

MELIDE. Este luns ás 11.00 horas tiña lugar ante o Xulgado de Arzúa unha manifestación que reuniu a cerca dun cento de persoas. O motivo foi reclamar a Custodia Compartida que lle foi concedida ao melidense Carlos Varela o pasado mes de decembro de 2021 e que case sete meses despois aínda non se fixo efectiva. Esta concentración multitudinaria chega despois de facer unha protesta pacífica cada mañá diante do xulgado arzuán e tras unha recollida de 1.381 firmas e 40 pregos entre a veciñanza de Arzúa, Melide e arredores. C. ESTÉVEZ