Respaldo unánime ao sector leiteiro en Ordes

Sector lácteo
ARCA
Un momento da celebracion da sesión plenaria no auditorio de Ordes

Ordes. A Corporación de Ordes deu o seu apoio unánime ao sector leiteiro pola crisis que está a vivir debido a uns custos de produción e o baixo prezo que cobra polo litro. Todas as forzas insistiron no seu dereito a obter beneficios pola súa actividade e a necesidade de respectar a Lei da cadea alimentaria.

Así, no último pleno, todos os membros da Corporación emitiron o seu voto a favor á moción presentada polo goberno local do PP. Nela ínstase ao Ministerio de Agricultura, ao cumprimento da lexislación vixente para poder cubrir os custos de produción, a toma en consideración da aplicación Conta Láctea como medio aprobado para o desenvolvemento da Lei da Cadea Alimentaria, e a facilitar a constitución de organizacións de produtores/as axeitadas ao tamaño das explotacións galegas.

Tamén se dirixiron ao Goberno autonómico para reclamarlle cooperación entre as administracións na posta en marcha de campañas de concienciación sobre o papel esencial do sector primario, a promoción de produtos lácteos autóctonos, a priorizar a licitación de polígonos agrogandeiros de carácter público e a axilizar a tramitación para a constitución do Observatorio Lácteo Galego. arca